28

Xuñ

Roteiro polos espazos lugrisianos

19.00 h

Roteiro espazos lugrisianosO mércores, día 28 de xuño, ás 19 h, realizaremos un roteiro polos espazos lugrisianos con Xurxo Souto e Rodrigo Osorio. Pasearemos os lugares que Lugrís tantas veces percorreu e pintou e pararemos nalgúns espazos para gozar da súa obra.

Comezaremos ás sete da tarde no Museo de Belas Artes para visitar alí unha das obras de Lugrís. A continuación veremos o mural da oficina principal de Abanca na rúa Olmos e que decoraba o café Vecchio até non hai moitos anos. Pararemos no antigo restaurante Fornos, para denunciar o estado das obras de Lugrís que alí están, e logo a rúa da Estrela, a rúa Mantelería…

Guían o roteiro Rodrigo Osorio e Xurxo Souto, do colectivo In Nave Civitas.

PRAZAS ESGOTADAS!

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies