14

Feb

Estrea do documental “Segadores da Órrea en terras de Castela: unha historia de heroes”

19.30 h

Segadores da ÓrreaO mércores 14 de febreiro, ás 19.30 h, estrearase no noso local o documental Segadores da Órrea en terras de Castela: unha historia de heroes.

É unha produción da Asociación de Veciños e Veciñas de Santa Comba da Órrea, no municipio de Riotorto. A peza, de 50 minutos de duración, recolle o testemuño de decenas de persoas da parroquia que viviron esa experiencia. Desprazábanse nos meses do verán a Castela para realizar os traballos da sega; unha migración de tempada que moitos miles de galegos protagonizaron ao longo de trescentos anos e que perdurou ata os anos 60 do pasado século XX.

Dirixido por Vanesa Gómez Lourido e Laura Alonso Carracedo, foi estreado no 2023 e conta co apoio da Área de Cultura da Deputación Provincial de Lugo. Na estrea na Coruña, organizada por Valdeorras Infinda, acompañaránnos membros do colectivo veciñal da Órrea.

Se queres asistir a esta estrea, envíanos os teus datos a través deste formulario:

Erro: Formulario de contacto non atopado.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies