18

Xan

Semellanzas gramaticais entre o galego e o portugués brasileiro

19.30 h

Semellanzas gramaticais entre o galego e o portugués brasileiroO xoves 18 de xaneiro, ás 19.30 h, teremos connosco a Victor Hugo da Silva Vasconcellos para falarnos das semellanzas gramaticais entre o galego e o portugués brasileiro.

O galego, ademais de falarse na Galiza, conta con outras variedades en Portugal, Brasil, Timor-Leste e países africanos. Así, moitas estruturas lingüísticas son similares tanto no léxico como na gramática destas variedades.

Victor Hugo da Silva pretende mostrar estruturas similares nas dúas variedades lingüísticas, rompendo a suposta impresión de que son dúas linguas diferentes aínda que a ortografía segue normas diverxentes. Para exemplificar estas semellanzas, empregaremos textos dos medios de comunicación do Brasil e da Galiza, facendo a presentación máis didáctica e dinámica.

Victor Hugo da Silva Vasconcellos é doutorando en filoloxía galega e portuguesa na Universidade da Coruña. Foi profesor de lingua portuguesa e lingüística en colexios e universidades no Brasil.

Se queres asistir a esta palestra, envíanos os teus datos a través deste formulario:

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies