29

Mar

Reunión informativa sobre “Semente Coruña”

19.30 h

Semente CoruñaA Semente Coruña, asociación cultural sen ánimo de lucro dedicada á creación dun espazo socio-cultural e pedagóxico de inmersión en galego na contorna coruñesa, ofrece una reunión informativa sobre o seu proxecto educativo dedicado á etapa infantil (2-6 anos) o mércores 29 de marzo às 19:30 no noso local da rúa San Andrés nº 36 (Circo de Artesáns), 1º andar. A reunión é aberta ao público.

A sesión contará coa presenza de representantes da coordinadora da Semente Coruña, que presentarán os piares do seu proxecto infantil: (1) o dereito de nenas e nenos a seren educados integramente na súa lingua materna, (2) o dereito a seren respectados nos seus ritmos e fomentada a súa independencia e auto-regulación, e (3) o dereito a unha educación que fomente a igualdade, e o coñecemento e respecto do medio natural e cultural propios. Seguindo a presentación, atenderán as preguntas das persoas asistentes.

A Semente Coruña naceu na cidade herculina no 2018, e desenvolve unha variedade de actividades dirixidas a grandes e miúdas no seu local, situado entre os barrios de Someso, Martinete e Birloque (r/ Alberto Garaizábal Macazaga, 7). Ademais do seu proxecto educativo infantil (2-6 anos), ofrecen, entre outras, aulas de música e baile galego, sesións de movemento e expresión corporal en familia, e un grupo de crianza en galego, alén de obradoiros e celebracións tradicionais.

Se tes interese en asistir, envianos os teus datos mediante este formulario:

Erro: Formulario de contacto non atopado.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies