07

Nov

Apresentación do libro “Sempre Sem Galiza”

20.00 h

Antom Santamarinha e Uxío-BreogánSempre Sem Galiza é un poemário que sintetiza os sentimentos e ideario galeguista do seu autor, Antom Santamarina Delgado. Unha obra que destila o mellor da tradición arredista do exilio galego, tal e como se marca no prólogo do libro, asinado por Uxío-Breogán Diéguez, historiador e profesor da Universidade da Coruña, gran amigo do autor deste volume. Santamarinha foi o primeiro presidente das Mocedades Galeguistas de Bos Aires, das que fora promotor por volta de 1953 xunto a Xosé Neira Vilas, Antom Moreda, Carlos Abraira, Pilar Jeremías, Denis Conles Tinzado e Manuel Cordeiro, entre outros e outras.

Acompañará ao autor Uxío-Breogán Diéguez Cequiel, profesor da UdC.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies