09

Feb

Sempre Xonxa en Petín

19.30 h

Sempre XonxaO mércores 9 de febreiro, ás 19.30 h, proxectamos no noso local Sempre Xonxa En Petín (2005, 36 minutos). Á proxección seguirá un coloquio sobre este documental que lembra a rodaxe en Valdeorras da considerada a película fundacional do cinema galego, Intervén o seu director, Ignacio Vilar, director de cine.

O documental foi gravado no contexto dun obradoiro de cinema organizado en Petín cando se cumplía o décimo aniversario do pasamento de Chano Piñeiro, director de película Sempre Xonxa rodada na comarca de Valdeorras.

Aquela película foi todo un fito para a cultura galega, xa que Sempre Xonxa é considerada a película fundacional do cinema galego, e deixou un pouso moi importante en Valdeorras. Tanto, que nos últimos trinta anos se teñen gravado máis dunha ducia de películas de ficción e documental e a comarca ten xenerado unha boa canteira de cineastas.

Entre eles destaca Ignacio Vilar (1951, Petín) que creceu na aldea de Castrofolla, onde a relación coa natureza e as historias de lareira espertaron nel unha gran paixón polo cinema. Na súa filmografía destaca a longametraxe A esmorga (2014), baseado na novela de E. Blanco Amor, a cal bateu récords de espectadores e foi nominado aos Goya. Tamén dirixiu a Pradolongo (2008), e Vilamor (2012), e a longa documental Un bosque de música (2003).

Esta actividade encádrase no proxecto Valdeorras Infinda.

PRAZAS ESGOTADAS!

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies