20

Mai

Símbolos de Galiza

19:30

O xoves 20 de maio, ás 19.30 h, no noso local, Pepe Barro falaranos dos símbolos de Galiza.

Alén do escudo e da bandeira, en Galiza hai outros símbolos arredor da idea de país. Uns chegaron a ser “oficiais”, outros mantivéronse como alternativos, algúns esmoreceron, porque os símbolos non son eternos, loxicamente tanto a identidade colectiva como a persoal  cambian ao longo dos anos. E tampouco teñen todos o mesmo significado, os símbolos dun país presentan matices diversos. Uns veñen dos ámbitos da literatura, da filosofía, da relixión ou da tradición étnica, outros son directamente políticos, hainos arraizados na historia e algúns son tan evidentes que non os vemos. Tentaremos debullar, sempre ilustrado con imaxes, o como e o porqué.

O pase de diapositivas require JavaScript.

Escudo de caetra, alegorías femininas, vieira, Santiago cabaleiro, escudo heráldico, Cruz de Santiago, carballo, piñeiro, dragón, azul e branco, gaita ou gaiteiro, bandeira, fouce, letra galega, cruceiro, anta, estrela, hórreo, vaca, tríscele, mapa-illa, espiral.

Pepe Barro é deseñador gráfico con máis de corenta anos no exercicio da profesión, sempre preocupado tamén en explicar de onde veñen e como se desenvolveron os símbolos que comunican a idea de Galiza.

Ás persoas asistentes agasallaráselle cunha pequena publicación, de 8 páxinas, realizada por Pepe Barro para esta ocasión.

PRAZAS ESGOTADAS!

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies