O xoves, 17 de novembro, ás 19.30 h, presentarase no noso local o caderno Símbolos nacionais de Galiza. O himno e a bandeira, escrito por Manuel Ferreiro e Xoán Costa e editado pola Plataforma Vía Galega.
O himno e a bandeira son símbolos que nos representan e identifican como nación. Son expresión do ser colectivo e da nosa existencia como pobo e do dereito a existir libremente.
Vía Galega, plataforma social en defensa dos dereitos nacionaisde Galiza, está a desenvolver unha campaña para popularizar e divulgar estes símbolos a través da súa distribución en todo tipo de entidades e colectivos. Alén diso, vén de editar o caderno Símbolos nacionais de Galiza. O himno e a bandeira, para coñecermos a historia e o significado destes dous símbolos, que inclúe un QR para descargarmos o himno en mp3.
Na presentación estarán presentes os autores do caderno, Manuel Ferreiro, catedrático de UdC, máximo especialista e investigador do noso himno e da obra de Eduardo Pondal, e Xoán Costa, profesor, presidente do Consello de Administración de Sermos Galiza e investigador da nosa bandeira.
No acto entregaranse ás persoas asistentes a publicación.
Se queres asistir, envíanos os teus datos a través deste formulario: