19

Feb

Visita guiada á exposición “Siro. Oitenta anos e un lapis”

18.30 h

Siro. Oitenta anos e un lapisO luns 19 de febreiro, ás 18.30 h, faremos unha visita guiada polo propio artista, Siro López, á exposición Siro. Oitenta anos e un lapis, no Quiosco Afonso.  

Este proxecto repasa a traxectoria pictórica de Siro López, ilustrador, caricaturista e humorista gráfico a través de 150 traballos. Recóllense autorretratos, obras de fantasía, paisaxes e bodegóns, caricaturas e obras de humor gráfico. Destacan os espidos e os retratos de autores coma Eduardo Blanco-Amor, Picasso ou Ramón Piñeiro xunto coa liña expresionista de Siro López, pouco coñecida polo público xeral. A mostra tamén recolle algunhas esculturas, entre elas dúas réplicas en bronce correspondentes ás figuras de Castelao e Cunqueiro da praza do Humor.

Siro explica que esta  exposición antolóxica (1970-2024) amosa toda a obra que realizou máis alá da caricatura política. “Debuxei unhas 6.000 caricaturas pero ningunha está nas paredes do Quiosco. As paredes necesítoas para mostrar os retratos, as paisaxes, os espidos, as fantasías que fun facendo con todas as técnicas, incluído o Ipad, sempre na procura dun estilo persoal”.

PRAZAS ESGOTADAS!

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies