30

Out

Situación e futuro da prensa en Galiza

19.30 h

1000 numeros de Nós DiarioO luns 30 de outubro, ás 19.30 h, teremos un acto no noso local para falar da situación e futuro da prensa en Galiza, nun encontro que organiza Nós Diario para festexar a saída do número 1000 do xornal.

Participarán María Obelleiro e Xoán Costa, directora e presidente do consello de administración de Nós Diario, respectivamente. E tamén participarán cant@s de vós desexedes intervir neste diálogo que será público e aberto a toda a cidadanía, ate encher aforo.

Agardamos a vosa participación nesta xuntanza na que cada quen ten a oportunidade de dialogar e de expoñer a súas opinións sobre a situación e o futuro da prensa en Galiza.

Ao remate do acto haberá un viño galego.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies