02

Mar

Presentación de “Somos un pobo de artistas”, de Xurxo Souto

12.00 h

Somos un pobo de artistasO sábado 2 de marzo, ás 12 horas, o Circo de Artesáns (rúa Santo André, 36) será o escenario da sesión vermú-presentación do novo libro de Xurxo Souto, Somos un pobo de artistas.

A literatura galega sempre estivo mal contada: Ten moi boa letra, pero faltaba a música! Tal expuxo, en 1999, Luísa Villalta, no seu ensaio O outro lado da música, a poesía. Seguindo este método, Xurxo Souto reivindica a unidade esencial entre ambas as dúas artes. E, diante dos prexuízos académicos, procura o talento da creatividade popular, especialmente esa que se desenvolve nas marxes, invisíbel para o gran público.

Nesta “sesión vermú” estará acompañado por Alberto Pombo e Sofía de Labañou. Será a primeira parte dunha xornada intensa: Ás dez da noite, na sala Garufa, presentará tamén Os saxofóns de Occidente, primeiro disco da Orquestra Bravú Xangai.

Somos un pobo de artistas !

Medre o talento!

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies