15

Xuñ

Presentación de “Soños no limiar”

19.30 h

Soños no limiarO mércores 15 de xuño, ás 19.30 h, presentamos no noso local o libro Soños no limiar, de Fatema Mernissi, publicado por Edicións Laiovento.

Soños no limiar foi a única novela de Fatema Mernissi. A autora narra unha falsa autobiografía sobre a súa infancia nun harén de Fez nos anos corenta do século XX. A ollada tenra dunha nesa que ve o mundo que a rodea e non entende, a visión do masculino e do feminino, os soños de esperanza arrolados polos contos de Scheherezade e as princesas dos Contos das mil e unha noites.

Polo medio das historias cóntanos que é un harén ou onde están os límites da hudud ou fronteira sagrada, vainos facendo pensar e sentir desde unha físgoa moi estreita un mundo moi amplo como é o musulmán desa época. Un relato cheo de tenrura, nostalxia, espectáculos, bailes, comidas, sabores, roupas, sons, porque as palabras son o verdadeiro camiño á liberade.

A través dos ollos na narradora achegámonos á infancia e á muller nun país musulmán, cuestionando moitos prexuízos occidentais.

Soños no limiar fai parte da colección Candemaia, libros traducidos e escritos por mulleres para que con historias de nenas, mozas e adultas, fiemos un tecido máis humano e máis respectuoso. Tanto esta obra, como a anterior da colección, Mociñas de Louisa May Alcott, están traducidas por Rocío Viéitez Ferro, responsábel da colección.

Na presentación participan, ademais de Rocío Viéitez, Prudencio Viveiro Mogo, de Edicións Laiovento.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies