O luns 14 de novembro, ás 19.30, e dentro do ciclo Pensando o Futuro, Óscar Pazos, ensaísta e xeólogo, ofrécenos unha palestra co título O sorbedoiro madrileño no horizonte de Galiza.
Óscar Pazos falaranos, en primeiro lugar, das orixes do centralismo español e as súas consecuencias e herdanzas na constitución da nación española no século XIX, para dar logo un repaso aos conflitos, discursos e resistencias a ese centralismo nos últimos dez anos (dende que foi publicado Madrid es una isla).
A partir de aquí, analizará o conflito actual entre un Estado español en proceso de auto-disolverse en Europa, e unha nación galega en pos-colapso, no transo histórico de criar unha alternativa ou desaparecer no remuiño da megalópole euro-madrileña en construción.
Óscar Pazos (Vigo, 1967) é autor de Madrid es una isla (2013) e vén de publicar O Colapso. 50 anos de The Limits to Growth.
Este ciclo seguirá durante dous luns máis en decembro, sempre ás 19.30 h. Dialogaremos, ademais de con Óscar Pazos, con Hugo López e Helena Miguélez-Carballeira.
Se queres asistir, envíanos os teus datos a través deste formulario: