17

Xan

Sorolla á luz da modernidade

19.30 h

SorollaO mércores 17 de xaneiro, ás 19.30 h, Carmela Galego levaranos por unha viaxe para coñecer a Sorolla, cunha palestra co título Sorolla á luz da modernidade.

Vimos de celebrar o ano do centenario no que Sorolla deixa un legado que desfrutaremos e analizaremos nesta palestra. Da súa paleta semella que nace a claridade. El ve a luz en 1863, o mesmo ano que deslumbra en París a pintura contemporánea. Sabe combinar esa receita perfecta entre tradición e modernidade que lle permite bogar con mestría grandes salóns, museos e paredes particulares. Gran coleccionista e pesquisador incansable de identidades nas fronteiras do costumismo. O seu oficio de pintar deixa unha valiosa testemuña dunha forma de entender o mundo e a arte.

Carmela Galego e historiadora da arte e divulgadora.

PRAZAS ESGOTADAS!

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies