16

Set

Sputnik Labrego: investigación sobre a guerrilla antifranquista no monte

19.30 h

Sputnik LabregoO 16 de setembro, ás 19.30 horas, Carlos Tejerizo ofrécenos a palestra titulada Sputnik Labrego: investigación sobre a guerrilla antifranquista no monte.

Carlos Tejerizo García é profesor da Universidade Carlos III de Madrid. Arqueólogo. Director científico do proxecto Sputnik Labrego do Centro Superior de Investigacións Científicas (CSIC), co que realiza numerosas investigacións por todo o Estado.

Os compoñentes do proxecto Sputnik Labrego estiveron varios anos investigando polos montes de Casaio (Valdeorras). Alí na coñecida como “Cidade da Selva” atoparon numerosos campamentos nos que se instalaron os membros da guerrilla antifranquista. Coñeceremos os chozos e construcións realizadas polos guerrilleiros e o seu medio de vida.

Proxectarase un mini documental.

Esta actividade encádrase no proxecto Valdeorras Infinda.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies