04

Out

Presentación do documental “Tecido resistente: a silenciosa revolución das mulleres de Présaras”

20.00 h

O documental Tecido resistente: a silenciosa revolución das mulleres de Présaras é a historia dos centos de mulleres que cambiaron a economía e a organización social de toda unha comarca nos primeiros anos do século XX en Galiza. Traballaban na fábrica Hilados y Tejidos de Vilasantar e axiña descubriron que o salario que recibían era algo máis que só un feixe de billetes: era a súa independencia, o empoderamento feminino antes incluso de que ese concepto chegara a Galiza.

Este documental foi gañador do I Premio Luísa Villalta de Proxectos Culturais pola Igualdade convocado pola Deputación da Coruña.

  • Ano de produción: 2018
  • País de produción: Galiza
  • Guión: Marina Chiavegatto
  • Fotografía: J. S. Raimundi
  • Montaxe: Marina Chiavegatto, Millán Castro
  • Música Hugo Gómez-Chao
  • Duración: 40 minutos

Para saber máis:

‘Tecido Resistente’: o empoderamento feminino no rural galego a comezos do século XX. Praza Pública.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies