15

Abr

Cineclub Bóveda: “The Hitchhiker” (Ida Lupino, 1953)

19.30 h

The Hitch-HikerO luns 15 de abril, ás 19.30 horas, teremos a segunda sesión do Cineclub Bóveda, coa proxección do filme de Isa Lupìno The Hitchhiker.

Actriz dende a adolescencia, figura fundamental en títulos como High Sierra de Raoul Walsh ou On Dangerous Ground de Nicholas Ray, Ida Lupino converteuse en guionista, produtora e directora dos seus propios proxectos a finais dos anos 40. Foi, neses anos, a única muller que estreou películas de ficción dirixidas por ela, unha listaxe que inclúe obras mestras como Not WantedOutrage ou a máis coñecida, The Hithchiker, un clásico do cinema negro que é boa proba do seu inmenso talento. Veremos o filme, preservado pola Biblioteca do Congreso dos EEUU, en versión orixinal subtitulada en galego. Ao finalizar o filme, de 70 minutos de duración, manteremos un breve coloquio.

Se queres asistir a estar proxeccion, envíanos os teus datos a través deste formulario:

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies