28

Xul

Proxección de “The wind that shakes the barley”

19.30 h

The wind that shakes the barleyO mércores 28 de xullo, ás 19.30 h proxectaremos o filme The wind that shakes the barley [2006], dirixido por Ken Loach. A proxección enmárcase dentro do mini-ciclo de cinema sobre resistencias coloniais, organizado polo Colectivo Pedro Galán.

Irlanda no 1920. Uns campesiños únense para formaren un exército guerrilleiro co obxectivo de combateren aos invasores ingleses, os temidos Black and Tans. Damien (Cillian Murphy) abandona unha prometedora carreira de médico para acompañar ao seu irmán Teddy (Pádraic Delaney) na loita pola liberdade. O tratado de paz asinado polo que se lle concede a independencia a parte de Irlanda, lonxe de traer a calma, fai estalar unha guerra civil na cal os irmáns antes aliados se enfrontarán.

Presenta e modera: Vítor Aneiros Blanco.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies