O mércores, día 4 de outubro, ás 19.30 h, presentaremos no noso local o libro A transición en Galiza.
Coordinado por Uxío-Breogán Diéguez Cequiel, o libro A Transición en Galiza é unha obra promovida desde a Cátedra de Memoria Histórica da Universidade da Coruña que reúne catorce traballos, asinados por catorce investigadores e investigadoras de relevo, arredor de cuestións cruciais para comprender como se desenvolveu o proceso de ‘transición democrática’ no noso país.
Son traballos que se presentan como capítulos entrelazados, abordando desde a loita política e sindical, até o movemento cultural e ecoloxista, pasando polo feminismo, a creación literaria ou o mundo do xornalismo, así como, entre outros temas, a represión exercida desde o TOP.
Contaremos para esta presentación co coordinador da publicación, Uxío Breogán Diéguez Cequiel, con Xan Fraga, historiador, e con Prudencio Viveiro Mogo en nome da editorial Laiovento.
Se queres asistir a esta presentación, envíanos os teus datos a través deste formulario: