29

Nov

Trata de persoas e violencia sexual: as outras caras da violencia de xénero

20.00 h

Teresa Rodríguez Montañés

O venres, 29 de novembro, ás 20 horas, Teresa Rodríguez Montañés, ofrece no noso local unha palestra baixo o título Trata de persoas e violencia sexual: as outras caras da violencia de xénero.

Falar de violencia de xénero adoita ser equivalente a falar de mulleres mortas ou maltratadas a mans das súas parellas ou exparellas. Ese é, de feito, o ámbito de aplicación da Lei de Violencia de Xénero. Sen negar a realidade e a gravidade deses casos, nesta charla gustaríame reflexionar sobre outras formas desa violencia, á marxe das relacións sentimentais: a trata de mulleres con fins de explotación sexual e a violencia sexual, a propósito dalgúns casos reais.

Teresa Rodríguez Montañés é escritora, investigadora, consultora nacional e internacional. Experta en dereito penal e dereitos humanos. Na actualidade é catedrática de Dereito Penal da Universidade de Alcalá (UAH). Desde o ano 2016 comezou a investigar nun novo proxecto denominado “Business and human trafficking” centrado no papel e a responsabilidade das empresas e o mundo dos negocios na prevención e erradicación do comercio de seres humanos e as novas formas de escravitude contemporánea.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies