14

Xuñ

Presentación de “Trevo. Triloxia do Outono”

19.30 h

TrevoO luns, 14 de xuño, ás 19.30 h, presentaremos no noso local Trevo. Triloxía de Outono, de Manuel Seixas. O autor estará acompañado pola poeta Emma Pedreira.

Trevo é unha triloxía poetica de vida, morte e ausencia concentradas. Unha ollada íntima, sutil e crúa na procura do sentido desta existencia inexplicable. Un berro, unha bágoa, un triste sorriso mergullados entre a rabia, impotencia, perda e maxia que os humanos levamos ás costas.

Manuel Seixas (Vilagarcía, 1961) é profesor de filosofía, pai, compañeiro, escritor, músico, proxecto de home digno. Como poeta publicou Vestixios do verme (1999) e Diario de Ausencias (2001). Debutou como narrador co libro de relatos Viñeron do espacio interior (1996), ao que seguiron as novelas A velocidade do frío (1996), Premio Xerais; Bailarina (Xerais, 1999), e Interferencias (Xerais, 2015). Ademais publicou o ensaio incluído no libro A memoria de Vilagarcía (Xerais, 2003). Como músico co grupo Korosi dansas editou os cedés Cordura (1995) e Non! (1996). Un conxunto de temas baseados na súa novela A velocidade do frío foron musicados por el para o CD homónimo, editado en 1997. Outro cedé en solitario foi Presentimento (2001). Co grupo Neuroband editou Microse (In memoriam Roberto Camba, 2004), Proceso Amniótico (2011) e Verde (2015).

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies