03

Out

Presentación de “Últimas tardes con Xohana”

19.30 h

Últimas tardes con XohanaCo obxectivo de conmemorar a o 90 aniversario da poeta Xohana Torres a editora Engaiolarte publicou o poemario Últimas tardes con Xohana, un libro inédito, en que a autora conversa con distintos personaxes e guíanos coas súas verdades finais. Un libro en que tamén está presente un elemento natural do que sempre estivo rodeada, as Hortensias da súa morada que tanto lle gorentaban e funcionan como símbolo nesta edición.

O libro recolle os seis poemas que Xohana Torres (1929-2017) escribiu antes de morrer para o volume en que estaba a traballar, que concibira como un conxunto de doce composicións, unha por cada mes do ano.

A presentación será o luns 3 de outubro, ás 19.30 horas, e correrá a cargo de Pepe Puga, editor de Engaloiarte, e a poeta Nuria Vil.

Grazas á Deputación da Coruña, as persoas asistentes recibirán como obsequio un exemplar do libro.

PRAZAS ESGOTADAS!

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies