02

Dec

Presentación de “Un reino con clase dirixente” de Francisco Rodríguez

19.00 h

Un reino con clase dirixenteO venres 2 de decembro, ás 19.00 h, o historiador Francisco Rodríguez presentará o segundo volume de Unha etapa estelar e conflitiva de Galiza.

Este tomo II, co título Un reino con clase dirixente, é a visión dunha Galiza que entra nunha encrucillada crítica e conflitiva. O reino afrontouno desde unha estratexia que mantiña os obxectivos que deron lugar ao momento de maior esplendor cos reis Fernando II e Alfonso VIII, en defensa da capacidade de decisión do reino. Fíxoo cunha visión que combinaba o mellor da nosa tradición histórica coa asunción de cambios económicos e sociais, que tiñan, na Galiza, unha manifestación avanzada. É por iso que a análise desta crítica situación na segunda metade do século XIV, no contexto dunha guerra peninsular e europea, e as súas causas, é máis esclarecedor e fundamentado se se coñece a historia galega dos séculos anteriores.

Farán a presentación María Xosé Bravo, presidenta da AC Alexandre Bóveda, e o autor, Francisco Rodríguez.

O acto está organizado pola AS-PG e a Fundación Galiza Sempre.

Se queres asistir, envíanos os teus datos a través deste formulario:

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies