13

Xuñ

Unha historia da vida. Con Ramón Vilalta

19.30 h

Unha historia da vidaO xoves 13 de xuño, ás 19.30 h, teremos connosco a Ramón Vilalta, que nos ofrecerá unha palestra co título Unha historia da vida.

Nunha sucesión de escalas, a vida reúne diferentes propiedades que emerxen de niveis organizativos máis elementais. Antes da evolución biolóxica foron necesarias outras evolucións, como a física (formación de partículas e átomos) ou a química, baseada no carbono e que daría lugar ás moléculas que soportan a vida. Os sentidos, as emocións ou os pensamentos son ‘propiedades emerxentes’ desas evolucións, aínda que, na nosa especie, tamén haberá que incluír as achegas propias da evolución cultural (e a súa emerxente diversidade), reflectida, por exemplo, na alimentación e farmacopeas.

Ramón Vilalta (Montevideo, 1957) doutorouse en Química pola USC, investigando sobre produtos naturais mariños. Foi profesor de Física e Química, tamén de Astronomía, e autor de varios libros de divulgación.

Se queres asistir a esta palestra, envíanos os teus datos a través deste formulario:

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies