Ramón Grosfoguel, sociólogo e profesor na universidade de Berkeley (California), falaranos sobre Unha mirada descolonial de Galiza: o Estado imperial español, a esquerda españolista e o soberanismo das nacións sen estado. Con esta palestra péchase o ciclo Para estar no mapa do mundo.
Ramón Grosfoguel propón unha reflexión colectiva sobre o fundamento colonial encarnado no Estado imperial español e na cartografía global das relacións de poder do sistema-mundo moderno/colonial. É desde este contexto xeopolítico, atravesado polas prácticas aniquiladoras do Estado fronte ás nacións sen Estado, que emerxe a necesidade cada vez máis apremiante de descolonizar tanto os fundamentos epistémicos do pensamento filosófico eurocéntrico como as políticas derivadas del no Estado español.