22

Dec

Unha ollada cosmolóxica ao pasado (e futuro) do Universo

19.00 h

Antón Baleato LizancosO venres 22 de decembro ás 19.00 h, Antón Baleato Lizancos ofreceranos unha palestra co título Unha ollada cosmolóxica ao pasado (e futuro) do Universo.

Que sabemos sobre a orixe, evolución e destino final do Universo? E sobre os ingredientes que o compoñen? Como o sabemos? Neste encontro faremos un repaso polos principais achados da cosmoloxía moderna, desde os tempos fundacionais de Leavitt e Hubble ata os debates de máis actualidad sobor da enerxía e a materia escuras. Falaremos dos potentes telescopios e sofisticadas técnicas que se están a empregar, destacando as medicións da lentificación gravitacional, unha prometedora xanela ao Universo invisible.

Antón Baleato Lizancos é investigador postdoutoral no Centro de Física Cosmolóxica da Universidad de California en Berkeley. Doutor en cosmoloxía pola Universidade de Cambridge, as súas investigacións céntranse no estudo do fondo cósmico de microondas e a estrutura a grande escala do Universo. É membro do Dark Energy Spectroscopic Instrument e o Simons Observatory, dous dos máis potentes observatorios no eido da cosmoloxía.

Se queres asistir a esta palestra, envíanos os teus datos a través deste formulario:

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies