19

Nov

Urbanismo e arquitectura: nomear a cidade e a vivenda en feminino

19.00 h

Urbanismo e arquitecturaO venres 19 de novembro, ás 19 horas, falaremos de Urbanismo e arquitectura: nomear a cidade e a vivenda en feminino.

O urbanismo e a arquitectura son as bases das interaccións humanas, a “polis” é a agrupación ordenada de cidadáns libres autoorganizados políticamente; por iso as dúas disciplinas teñen moito que ver co poder político e o económico, ca vontade do social e do público, ca permanencia de futuro.

O xénero, entendido como construto social, atribúe roles aos xéneros e diferencia espazos: o público e o privado. O público enténdese como o racional e neutral, por iso ten como módulo ao home, excluíndo así as mulleres, que non se recoñecen nos espazos deseñados ad hoc para eles.

As nosas cidades son froito dunha planificación urbana baseada no desarrollismo e na produtividade, fundamentalmente do home, onde a mobilidade en coche privado condicionou totalmente o seu deseño urbano. É preciso agora un cambio de paradigma: a cidade ten que cambiar. A produtividade mídese con outros parámetros e a calidade de vida é o eixo fundamental. Xerando unha cidade máis inclusiva e amable onde o espazo público e o verde urbano deben ser redeseñados e adaptados con este fin.

E dende a cidade, chegamos ás vivendas. Os roles de xénero deixaron o espazo doméstico relegado ao rol da muller, do privado, das súas labores. Temos por diante o desafío de proxectar e repensar os fogares, de tal forma que nin teñan xénero, nin ordes estritos e patriarcais. Os espazos flexibles, sen xerarquías e adaptados á igualdade son precisos para adaptarse ás necesidades imperiosas de saír da nosa propia habitación.

Para falarnos de todo isto contaremos con Cristina García Fontán, profesora de urbanismo e paisaxe na Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña (UDC) e coordinadora do Grao en Paisaxe pola UDC, e con Carmen Armada Martínez, arquitecta pola Escola Superior de Arquitectura da Coruña (UDC), socia do estudio de arquitectura Situacións Construidas e activista feminista.

O acto encádrase dentro do ciclo Mulleres e realidades comúns, coordinado por Cristina Bajo, coa colaboración da Marcha Mundial das Mulleres.

PRAZAS ESGOTADAS!

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies