O mércores 31 de maio, ás 19.30 h, damos comezo a un ciclo sobre o pintor Urbano Lugrís que titulamos Lugrís 50 anos despois, xa que neste 2023 fai 50 anos do seu pasamento. E facémolo con Antón Patiño, pintor e ensaísta e unha das voces máis autorizadas para falar de Urbano Lugrís.
Nesta palestra Antón Patiño fará un percorrido pola vida e obra de Urbano Lugrís nas súas diferentes achegas creativas.
Antón Patiño foi membro fundador do Grupo Atlántica. Pintor abstracto, realizou numerosas exposicións tanto en Europa (París, Hamburgo, Estocolmo, Bordeos, Zúric…) como en Norte América. É autor de ensaios como Xeometría líquida, ou os dedicados a Urbano Lugrís e Reimundo Patiño. É vicepresidente do Círculo de Bellas Artes de Madrid. Foi membro do relatorio de artes plásticas do Consello da Cultura Galega.
Neste ciclo contaremos tamén con outras voces para falar do pintor Urbano Lugrís:
- Mércores 7 de xuño ás 19:30 h, con Chisco Fernández Naval
- Mércores 21 de xuño ás 19:30 h, con Olivia Rodríguez
- Mércores 28 de xuño ás 19:30 h, roteiro polos espazos lugrisianos con Xurxo Souto e Rodrigo Osorio