07

Xuñ

Urbano Lugrís: dentro da balea

19.30 h

Urbano Lugrís: dentro da baleaO vindeiro mércores, día 7 de xuño, ás 19.30 h, o escritor Francisco Fernández Naval impartirá a palestra Urbano Lugrís: dentro da balea.

Seguindo co ciclo de homenaxe e lembranza de Urbano Lugrís no ano do cincuentenario do seu pasamento, Fernández Naval, tras unha exhaustiva investigación de aspectos particularmente sensibles da vida de Urbano Lugrís González, recollidos no capítulo que dedica ao pintor coruñés no seu último libro Ser Cetáceo, propón unha revisión do relato biográfico existente. Na charla amosaranse documentos ata agora inéditos ou pouco coñecidos.

Chisco Fernández Naval é un autor prolífico, narrador, poeta e ensaísta. A súa última obra é Ser cetáceo da Editorial Bululú.

Se queres asistir a esta palestra, envíanos os teus datos a través deste formulario:

Erro: Formulario de contacto non atopado.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies