24

Feb

Valdeorras, unha comarca de cine. Dúas miradas, unha conversa

19.30 h

Rodaxe do documental "Apartado 12"

Rodaxe do documental “Apartado 12”, de Cristina de la Torre, 2006. Foto: Luís Solarat

O xoves 24 de febreiro, ás 19.30 h, teremos unha palestra baixo o título Valdeorras, unha comarca de cine. Dúas miradas, unha conversa, con Manolo González e Domingo D. Docampo.

A comarca de Valdeorras foi e é plató de rodaxe para moitas filmacións e berce de cineastas. Esta conversa entre Manolo González e Domingo D Docampo permitiranos indagar nos motivos que quizais poidan explicar estes feitos.

Durante a conversa, faremos un repaso á vinculación da comarca co cine, ás películas que alí se realizaron e aos cineastas que xurdiron.

Manolo González é unha institución no audiovisual galego. Promotor de múltiples iniciativas, foi fundador da Escola de Imaxe e Son da Coruña e impulsor de innumerables proxectos vencellados co cine e a educación.

Domingo D. Docampo é director e produtor de documentais.

Manolo é da Rúa de Valdeorras e Domingo de Petín, dous lugares separados unicamente polo río Sil e unidos por dúas pontes. Comparten, ademais, ter participado en varias das producións que se realizaron en Valdeorras.

Esta actividade encádrase no proxecto Valdeorras Infinda.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies