19

Mar

Valdeorras, terra de viñedo

12.00 h

Jorge MazairaO sábado 19 de marzo, ás 12 da mañá, celebraremos unha palestra dedicada ao viño e á viticultura en Valdeorras, a cargo de Jorge Mazaira, director técnico do Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras. Tras unha presentación de media hora para explicar a historia e presente dos viños valdeorreses, trasladarémonos ao mercado de San Agustín, onde faremos unha cata comentada de doce viños valdeorreses.

Esta actividade forma parte do II Ciclo de Encontros sobre Valdeorras organizados polo colectivo Valdeorras Infinda, e será unha ocasión única para coñecer a historia da recuperación do godello, unha variedade de branco que está marcando historia nos recoñecementos internacionais. Tamén probaremos as novas tendencias na elaboración de tintos analizando como a gran diversidade xeolóxica e o particular clima de Valdeorras se expresan nos seus viños.

A cata será n’ A Parva, a cantina do mercado, que servirá uns aperitivos ao finalizar. O aforo da cata está limitado a 24 persoas e o custe por participar é de 10€ que se abonarán antes do inicio.

Nota: xa están cubertas as prazas para a cata, pero podedes vir ao encontro ás 12, no noso local.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies