O venres 19 de maio, ás 19.00 h proxectaremos o documental O Valo de Porto.
Desde o Ateneo Fernán Martís de Pontedeume promóvese converter un valo da vergoña nun valo de honra aos represaliados polo franquismo, que ergueron este muro en réxime de traballo escravo. O filme documentario, O Valo do Porto, conta en 20 minutos aquela historia e presenta o deseño do memorial, que o concello de Pontedeume debería asumir.
Contaremos para esta presentación con Pepe Barro, vicepresidente do Ateneo e Anxos García Fonte, secretaria.
Se queres asistir, envíanos os teus datos a través deste formulario: