30

Xuñ

Verso e acorde: Relacións entre literatura galega e música (1960-1975)

19.30 h

Verso e acordeO xoves 30 de xuño, ás 19.30 h, Alberto Pombo achegaranos ás relacións entre literatura e música no período contemporáneo.

Na súa análise levanta e sistematiza as composicións musicais de corte pop baseadas en textos poéticos lanzadas entre 1960 e 1975 para, a seguir, analizar a súa influencia na literatura nun momento histórico en que a difusión editorial estaba fortemente condicionada pola censura.

Alberto Pombo é licenciado en Filoloxía Galega, mestre en Literatura, Cultura e Diversidade pola UDC e profesor no ensino secundario.

Esta actividade forma parte do ciclo Aula aberta, organizado pola AC Alexandre Bóveda en colaboración co grupo de investigación ILLA da Universidade da Coruña. Tátase dun espazo de divulgación e intercambio sobre temas de literatura e cultura galegas.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies