25

Xul

Vía Galega no Día da Patria

18.00 h

Vía Galega 25 de xullo 2019Achégase un novo Día da Patria e desde VIA GALEGA, Plataforma Social en Defensa dos Dereitos Nacionais de Galiza, da que a AC Alexandre Bóveda fai parte, participaremos nesta celebración á que Castelao chamaba A FESTA MAIOR DE GALIZA en Santiago de Compostela.

Editamos un cartaz baixo a lenda “Día da Patria, 2019. Autodeterminación”. Está tamén xa editado o nº2 do boletín de VIA GALEGA, para ser repartido o propio 25 de xullo, así como un Pasaporte que se expedirá nesta data sinalada no Festigal onde estaremos toda a tarde do día 25.

Tamén ás 18 h dentro do propio Festigal, organizamos unha mesa redonda para debater sobre os eixos para a construción nacional. Contaremos con Paulo Carril, secretario xeral da CIG; Ximena González, feminista; Virxínia Rodríguez, Presidenta de ADEGA, Bea Peres, activista da Semente e da Gentalha do Pichel. Moderá a Presidenta da nosa asociación María X. Bravo.

Desde VÍA GALEGA, Plataforma Social en Defensa dos Dereitos Nacionais de Galiza, facemos un chamamento en favor da mobilización social mañá, 25 de Xullo, na capital da Galiza. Tod@s a Compostela!

Mesa Redonda Vía galega

Boletín Vía Galega

Vía galega Día da Patria

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies