O venres, día 11 de novembro, ás 19 h, falaremos de políticas públicas contra a violencia machista.
Neste de novembro, o redor do 25N, imos ter a oportunidade de poder falar e reflexionar sobre a violencia machista a necesidades de políticas públicas. O impacto que están tendo algúns discursos de negación de este tipo de violencia e como é asumido por parte dalgúns sectores e organizacións políticas, fai moi necesario conceptualizar que é a violencia machista e como a través de políticas enfocadas a ela, poderemos neutralizar estes discursos e acabar con esta violencia.
Contaremos coa participación de Silvia Caméan, avogada e concelleira da Marea Atlántica, Mercedes Queixas, profesora e deputada no Parlamento galego polo Bloque Nacionalista Galego e Paloma Castro, avogada e deputada no Parlamento galego polo PSdeG (PSOE).
O acto encádrase dentro do IV ciclo Mulleres e realidades comúns, coordinado por Cristina Bajo, coa colaboración da Marcha Mundial das Mulleres.
Se queres asistir, envianos os teus datos a través deste formulario: