09

Xan

Visita á exposición “As xeracións do Montserrat”

19.00 h

As xeracións do MontserratO martes 9 de xaneiro, ás 19 h, Xesús Fraga faranos unha visita guiada á exposición As xeracións do Montserrat.

O Quiosco Alfonso acolle a exposición As xeracións do Montserrat. Memoria emocional dos emigrantes galegos no Reino Unido, organizada polo Consello da Cultura Galega en colaboración co Concello da Coruña. Un proxecto comisariado por Xesús Fraga, con deseño expositivo de Pepe Barro.

Entre 1960 e 1974 uns 250.000 galegos e galegas deixaron Galiza para buscar un sustento económico fóra. Esta exposición recupera, a través de fotografías, filmacións, documentos e obxectos náuticos e cotiáns, aquelas viaxes entre os portos galegos e británicos. É a memoria emocional de varias xeracións que cambiaron o rumbo das súas vidas e, con el, tamén o do seu país: As xeracións do Montserrat.

Xesús Fraga é xornalista e escritor. No ano 2021 recibiu Premio Nacional de Narrativa por Virtudes (e misterios), unha novela que fala da inmigración, desde as dúas beiras, desde as dúas perspectivas dos que se van e dos que se quedan.

PRAZAS ESGOTADAS!

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies