22

Mar

Visita ao estudo de Gosia Trebacz

18 h

Gosia TrebaczO venres 22 de marzo, ás 18 h, faremos unha visita ao estudo de Gosia Trebacz, na rúa Fray Pedro Payo Piñeiro, 2.

Nada en Cracovia e residente na Coruña desde hai moitos anos, Gosia Trebacz traballa a pintura, fotografía, audiovisuais, deseño gráfico, directora de STO LAT, obradoiro de arte_ laboratorio de ideas e directora de STOLATART, acción artística independente.

No noso país realízase como artista nunha dobre faceta: mostrando as súas propostas aos demais en exposicións e ensinando as prácticas necesarias para que outros adquiran destreza no campo da pintura. Creación e didáctica, aquí, van xuntas.

De Gosia Trebacz di a escritora Eva Veiga “Unha corrente de auga clara, formidable, vén ata nós dende os Cárpatos, por un xiro que lle tiña reservado o destino. Un río vivificante para calquera territorio que tanxe ao seu paso porque a súa esencia é a vontade infatigable de transformar o mundo, de mudar toda decadencia en acto libérrimo de creación.
E así, sen deixar de fluír, sen perder o fulgor das folerpas de neve no seu acento, chegou un día a esta Fisterra occidental –dende a Galitzia polaca á Galicia ibérica– Gosia Trebacz como un alude de paixón, como una enerxía xerminativa a enraizarse nesta terra onde finca con amor o seu eixo vertebral para seguir crecendo como ser humano e como artista.”

A duración estimada da visita é de 1 hora e cuarto.

Esta actividade realízase en colaboración coa Asociación Cultural AÏS. Con esta visita comezamos un ciclo, que chamamos Entre Liñas, que nos permitirá coñecer a actividade dos artistas plásticos e visuais.

Como as prazas son limitadas, se queres asistir, envíanos a túa solicitude a través deste formulario:

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies