10

Xan

Visita ao obradoiro de gaitas dos Seivane

18.00 h

Obradoiro SeivaneO mércores 10 de xaneiro, ás 18 h, imos facer unha visita ao obradoiro de gaitas que os Seivane teñen en Cambre.

O Obradoiro de Gaitas Seivane é a empresa de fabricación de gaitas máis prestixiosa do país e máis internacionalmente recoñecida, ao paso que corresponde á que máis cornamusas constrúe anualmente dunha calidade excepcional. Situado presentemente en Cecebre (Cambre, A Coruña), comezou a súa andaina no ano 1939, na Fonmiñá, cando o patriarca da familia, Xosé Seivane (1921, Fonmiñá, Lugo – 2012, Cambre, A Coruña), construíu a súa primeira gaita de forma totalmente autodidacta. A partir de aí, e co pasar dos anos, os seus fillos Álvaro e Xosé Manuel continuaron a mellorar e a innovar a manufactura do instrumento sempre desde o máis escrupuloso respecto á tradición, facendo que hoxe o Obradoiro represente un verdadeiro referente mundial no ámbito da música de orixe e inspiración tradicional. Na actualidade, ambos os fillos Xosé Manuel  Álvaro, que investigan constantemente na mellora do instrumento nacional galego por excelencia, contan entre a súa dilatadísima clientela con intérpretes e grupos como Adam Philips, Carlos Núñez, David Bellas, Daniel Bellón, Habelas Hainas, Os Carunchos, Pedro Lamas, a propia Susana Seivane (neta de Xosé e filla de Álvaro), María López Carballo, Milladoiro, Treixadura e unha longa listaxe. 

Para desprazarse até o obradoiro é necesario que cada persoa o faga pola súa conta.

PRAZAS ESGOTADAS!

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies