26

Set

Visita ao Pazo Municipal

19.00 h

Pazo municipal CoruñaO luns 26 de setembro, ás 19 horas, faremos unha visita ao Pazo Municipal, con Patricia Angulo, docente especializada en historia local.

O edificio que representa a democracia coruñesa foi un longo proxecto tanto a nivel urbanístico como arquitectónico. Chamado a erguerse nun lugar de encontro da cidadanía, hoxe en día segue a ser punto de reunión. Nesta visita pasearemos os seus salóns e corredores descubrindo historias e segredos para compartir en común.

Este roteiro forma parte do ciclo Pasear para aprender que facemos todos os luns de setembro.

O lugar de encontro para iniciar a visita serán os soportais de entrada ao Concello.

PRAZAS ESGOTADAS!

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies