19

Xan

Visita guiada ao Arquivo Municipal e a biblioteca de Estudos Locais

18.30 h

Grupo de mulleres lendoO xoves 19 de xaneiro, ás 18.30 h, imos facer unha visita guiada ao Arquivo Municipal e a Biblioteca de Estudos Locais, sitos os dous na Casa da Cultura de Salvador de Madariaga na rúa Durán Loriga nº 10.

Comezamos así neste 2023 a coñecer máis de A Coruña Literaria, un proxecto no que levamos xa un tempo traballando.

Nesta visita dobre a estes dous espazos teremos ocasión de ver expedientes de adquisición de libros para as bibliotecas escolares no século XIX, os proxectos de bibliotecas municipais, a biblioteca instalada no edificio da Atalaya e biblioteca Concepción Arenal. Tamén documentación de certames literarios no século XIX: os xogos florais da Coruña  –os primeiros de Galiza (2 de xullo de 1861)– e os de Lugo de 1877. Veremos expedientes de homenaxes a escritores: monumentos e esculturas dos xardíns (documentos e fotografías). Poderemos ver algúns dos fondos que atesouran, obras da Biblioteca gallega de Martínez Salazar, obras da Colección Lar de Ánxel Casal, publicacións periódicas literarias, curiosidades sobre a Biblioteca Germinal, unha selección de obras ambientadas na cidade, unha selección de obras de autoras vinculadas dalgún xeito á cidade…

As visitas serán guiadas polas directoras:

  • Mariola Suárez Rodríguez, directora do Arquivo Municipal.
  • Milagros García Pérez, directora da Biblioteca de Estudos Locais.

A súa duración será de hora de media: corenta e cinco minutos en cada un dos espazos.

PRAZAS ESGOTADAS!

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies