O luns 8 de maio, ás 20 h, faremos unha visita guiada á biblioteca do Circo de Artesáns, con Marcelino Abuín.
A biblioteca do Circo de Artesáns contén valiosos libros e documentos únicos. Esta biblioteca é das máis antigas da cidade e nace vinculada á entidade senlleira do Circo que desde a súa creación, en 1847, conta cunha espazo bibliotecario para a formación primeiro e para o pracer da lectura máis tarde. Conta con numerosas primeiras edicións en distintos idiomas e con moitos exemplares que dan conta da vitalidade da cidade e do galeguismo e do republicanismo da Coruña. Foron aquí bibliotecarios personaxes senlleiros da cultura galega: Antón Vilar Ponte, Eladio Rodríguez, Ángel del Castillo…
Poderemos ver nesta visita a Revista Blanco y Negro / Anatomía completa del hombre (s XVII) / Teatro critico universal (Padre Feijoo) / La cuestión social (Concepción Arenal) / El Regionalismo (Brañas) / El Regionalismo en Galicia (Manuel Casas) / Las nacionalidades (Pi i Margall)…
Marcelino Abuín é xestor de patrimonio.
A duración aproximada da visita é de 1 hora. Como as prazas son limitadas, se tes interese en asistir debes inscribirte a través deste formulario: