25

Xan

Visita á biblioteca provincial

18.00 h

Biblioteca ProvincialComo parte do proxecto A Coruña Literaria, o mércores 25 de xaneiro, ás 18 h, faremos unha visita guiada á Biblioteca Provincial, a biblioteca da Deputación da Coruña, sita na rúa Rego de Auga, nº 37.

Neste visita poderemos ver algúns dos fondos desta biblioteca que ten máis de 150 anos de historia: Itinerarium Egeriae de Egeria, tamén chamada Eteria ou Etheria escritora do S. IV, da provincia de Gallaecia, interesantísimas edicións facsímiles como In Apocalipsim de Beato de Liébana, Pergamino Vindel, Biblia Kennicott, Códice Calixtino ou as Cantigas de Santa María. Veremos tamén primeiras edicións de libros fundamentais da literatura galega como Follas Novas de Rosalía de Castro, un texto manuscrito Emilia Pardo Bazán, partituras (con prancha de chumbo) de música galega.

Guiarán a visita Carmen Mª Ferreiro, responsable da biblioteca, e Ana Belén Suárez, axudante de Arquivo e Biblioteca.

PRAZAS ESGOTADAS!

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies