09

Feb

Visita guiada á biblioteca da Casa do Consulado e a Real Academia de Belas Artes

18.00 h

Casa do ConsuladoSeguindo co proxecto de A Coruña Literaria o xoves, día 9 de febreiro, ás 18 horas, realizaremos unha visita dobre, en dúas quendas, a dúas institución senlleiras da cidade.

Biblioteca da Casa do Consulado, é a primeira biblioteca pública en establecerse na cidade da Coruña baixo o amparo do “Real Consulado de Mar e Terra” en 1803 e aberta ao público en 1806, pertence á fundación cultural privada máis antiga do Estado. Foi no seu salón de actos onde se celebrou a constitución da Academia Galega o 4 de setembro de 1905.

Aquí poderemos ver, entre outros fondos, un incunable de 1498, un manuscrito de Quevedo,  a biblioteca de Xosé Cornide e de Juana de Vega, documentación relativa a Sociedad del Folklore Gallego que impulsou Emilia Pardo Bazán e que foi iniciadora da Real Academia Galega.

Real Academia Galega de Belas Artes, foi unha das trece creadas en España polo Real decreto do 31 de outubro de 1849, entón coa denominación de Academia Provincial de Belas Artes. Dependente inicialmente desta Real Academia de Belas Artes creáronse, en 1854, os estudos de belas artes que constituíron a iniciación da escola de belas artes e o Museo chamado nese momento Museo Provincial que é a base do actual Museo de Belas Artes. Poderemos ver aquí pezas do fondo Arquivo Musical de Galicia, como O Mariscal, a primeira ópera galega e outras pezas do seu moi amplo fondo documental.

Guían a visita:

  • Rosario Aja, directora da Biblioteca da Casa do Consulado.
  • Felipe Senén e Juán Durán, membros numerarios da Real Academia de Belas Artes.

PRAZAS ESGOTADAS!

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies