Organizadas pola AV AGRA, a AC O Galo e por ACAB, o día 17 de marzo realizaremos unha VISITA CULTURAL a:
In tempore sueborum (Ourense) e Pedra e poesía (Celanova)
Inscrición: do 25 ao 28 de febreiro a través do formulario da nosa web. Imprescindible indicar un teléfono móbil de contacto. Admisión: por orde de inscrición. Preferencia, persoas asociadas (AGRA, ACAB, O Galo). Pagamento: do 1 ao 9 de marzo. O importe inclúe transporte, entradas e xantar.
En caso de renuncia expresa:
- Só poderá devolverse o carto pago se cubrir a praza coa listaxe de agarda.
- Poderá devolverse o custo do xantar a quen comunique a renuncia antes do 12 de marzo no correo avagradoorzan_agra@hotmail.com.
PROGRAMA
Saídas:
- A Coruña ás 7:20 h. (Ventorrillo-Avda. Fisterra 265 parada núm. 231, Rolda de Outeiro 109 parada 99, Hotel Avenida parada 264, avenida da Vedra 2 fronte ao edificio dos sindicatos parada 287)
- Santiago de Compostela ás 8:20 h. (rúa da Rosa 4)
- Chegada a Ourense ás 10 h. Visita guiada á exposición In tempore sueborum.
- Xantar* en Celanova ás 15.00 h.
- Visita guiada “Celanova: Pedra e Poesía”** ás 16:20 h.
- Saída de volta ás 19:30 h.
- Chegadas: Santiago de Compostela ás 20:45 h; A Coruña ás 22 h.
Prezos:
- Menú, entre 15 e 17 euros.
- Autobús:
- Saída desde A Coruña: persoas asociadas de Agra, ACAB ou O Galo: 8 euros. Non asociadas: 14 euros.
- Saída desde Compostela: persoas asociadas de Agra, ACAB ou O Galo: 6 euros. Non asociadas: 12 euros.
- Visita “Celanova, pedra e poesía” e concerto de órgano: 3,5 euros por persoa.