Prazas esgotadas
Sentímolo. Todas as prazas están xa cubertas.
Xa están cubertas todas as prazas. Sentímolo![/wps_alert]O sábado 16 ás 16.30 h organizamos unha visita para ver A derradeira leición do mestre de Castelao. A visita será guiada por Pilar García Negro e Mª Antonia Pérez, expertas coñecedoras da obra de Castelao.
Castelao pintou na capital arxentina, en 1945, A derradeira leición do mestre (baseado na estampa nº 6 do seu libro Galicia Mártir) en homenaxe ao seu amigo e intelectual Alexandre Bóveda, fusilado o 17 de agosto de 1936.
Esta obra, un óleo de máis de 2 metros de altura, nunca tiña saído do Centro Galicia de Bos Aires. Exposta neste momento (até o día 3 de marzo) na Cidade da Cultura, formando parte da exposición Castelao maxistral, é unha ocasión única para gozar desta pintura de grande simbolismo para todo o pobo galego.
Cómpre anotarse mediante este formulario porque o número de prazas é limitado. Até a Cidade da Cultura cada persoa debe ir polos seus propios medios. De todos os xeitos se tedes prazas libres nos vosos coches ou precisades transporte facédenolo saber porque é posible que poidamos buscar praza para todo o mundo.
Erro: Formulario de contacto non atopado.