11

Xul

Visita guiada á exposición “Arredor do pintor cego”

19.00 h

O pintor cegoO martes 11 de xullo, ás 19 h, faremos unha visita guiada, con Xosé Cobas, á exposición Arredor do Pintor cego.

Arredor do Pintor cego é o título que dá nome á mostra das ilustracións de Xosé Cobas realizadas para o álbum O pintor cego de Xabier P. Docampo. Un álbum que o autor non chegou a ver rematado, polo que esta exposición vai dedicada á súa memoria no quinto ano do seu pasamento.

Xosé Cobas procede do mundo da pintura (do 1977 é a primeira mostra individual). A comezo dos anos 80 compaxina a pintura e a escultura co deseño gráfico e a ilustración en prensa (La Voz de Galicia, 1981/93), revistas e libros. A partir de 1988 centra a súa actividade como ilustrador no campo da literatura infantil e xuvenil.

Premios recibidos:

  • F.T.E.N. ao mellor libro de teatro ilustrado no ano 2002.
  • LECTURAS ao ilustrador máis votado polas bibliotecas galegas 2003.
  • WHITE RAVENS da Biblioteca Internacional de Múnic 2003.
  • WORLD COOKBOOK AWARDS ao mellor libro de literatura gastronómica en lingua española. Oslo 2004.
  • WHITE RAVENS da Biblioteca Internacional de Múnic 2005.
  • Seleccionado para representar a España na BIENAL INTER-NACIONAL DE BRATISLAVA, anos 2003 e 2007.
  • Seleccionado para representar a España en ILLUSTRAZIONE E GRAFICA, Italia.
  • ISAAC DÍAZ PARDO ao mellor libro ilustrado en Galicia no ano 2008.
  • Seleccionado para representar a España no Congreso Iberoamericano de Ilustración en 2013 (Colombia).
  • Premio Neira Vilas 2014 co álbum A pantasma da casa da Matanza. Biblos.
  • Elixido por Fervenzas Literarias:
    • Mellor ilustrador do ano 2015.
    • Mellor capa de libro infantil/xuvenil para Lendo lendas, digo versos de A. Reigosa/A. García Teijeiro, 2015.
    • Mellor capa de libro para adultos para O último día de Terranova de Manuel Rivas, 2015.
    • Libro ilustrado; GALA DO LIBRO GALEGO 2016
  • Seleccionado para representar a España na Bienal Internacional de Bratislava, 2017.
  • Como Tú. White Ravens. Biblioteca Internacional de Munich, 2019.
  • Homenaxeado no Salón do Libro de Pontevedra, 2022.
  • Nominado ao Premio Nacional de Ilustración, 2022.

A exposición de Xosé Cobas está aberta no noso local até o 15 de setembro.

A duración da visita é de 50 minutos.

Se desexas asistir a esta visita guiada, é necesario que te inscribas a través de este formulario:

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies