23

Nov

Visita guiada á exposición “Galiza, un pobo, unha selección”

19.00 h

Galiza, un pobo, unha selecciónO martes 23 de novembro, ás 19 h, realizaremos unha visita guiada á exposición Galiza, un pobo, unha selección no espazo Normal da Universidade da Coruña (Paseo de Ronda 47)

Esta exposición forma parte da campaña da Plataforma Vía Galega, a cal pertence a AC Alexandre Bóveda, Galiza, un pobo, unha selección. O obxectivo da campaña é exixir o dereito a que Galiza poida competir profesionalmente e a nivel oficial en todas as disciplinas deportivas, tanto nas seleccións masculinas como femininas.

A visita dura 40 minutos e será guiada polo documentalista da exposición, o xornalista de Nós Diario, Héctor Pena.

Esta actividade faise en colaboración coa Asociación Veciñal Agra.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies