28

Feb

Visita guiada á exposición colectiva ‘Ilustrando a Picasso’

Picasso na casamércores 28 faremos unha visita guiada por Manel Cráneo á exposición colectiva Ilustrando a Picasso na Casa Museo Picasso na Rúa Paio Gómez, 14.

A mostra está organizada por Coruña Gráfica e comisariada por Manel Cráneo. Conta cunha escolma de obras a cargo de 14 profesionais da ilustración coruñesa que fan un xogo de interpretación libre a partir de obras e bosquexos realizados por Piccaso durante na súa estadía na Coruña. Eles son Xosé Cobas, Iria do Castelo, Sekone, Álvaro Dorda, Branda, Héctor Francesch, Julia Lago, Javier de la Rosa, Pablo Gallo, Luis Yang, La chica de la cinta, Paula Mayor, Roque Romero, Marina Seoane e Manel Cráneo.

Ademáis de Manel Cráneo, nesta visita guiada contaremos con Xosé Cobas, que nos explicará a obra realizada por el para esta exposición. A duración aproximada da visita é de 30 minutos.

PRAZAS ESGOTADAS!

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies