O martes, 4 de xullo, ás 19 horas, faremos unha visita guiada á exposición antolóxica da obra de Emilio Celeiro no Kiosko Alfonso.
Pintor, escultor, ilustrador e gravador, a traxectoria e obra de Emilio Celeiro está caracterizada pola súa capacidade creativa. Esta exposición representa unha oportunidade única para coñecer unha parte moi importante da súa obra, desde os seus inicios por Monte Alto, polo Campo da Leña, o seu paso por Venezuela e o seu regreso á Coruña.
A mostra consta de 117 obras, que cronolóxicamente abranguen desde 1948 até 2021. Está estruturada en capítulos temporais: A Coruña (ata 1955), Venezuela (1955-1970 e 1970-1989) e A Coruña (1989-2005 e 2005-2021). En espazos diferentes sitúase tamén a súa obra sobre papel, dividida nos períodos de Venezuela (1955-1989) e A Coruña (1989-2021), contando ademais con esculturas que se distribúen por todas as épocas.
O historiador, escritor e artista plástico Carlos Pereira Martínez é a filla de Emilio Celeiro, Alexandra Fernández son os comisarios da exposición e serán quen guíen a visita.