15

Mai

Visita guiada á exposición “Fina Mantiñán” no kiosco Alfonso

19.00 h

Fina Mantiñán e Rosario Sarmiento

Fina Mantiñán, con Rosario Sarmiento, ante un autorretrato da pintora. (Fotografía de Xurxo Lobato)

Este mércores 15, ás 7 da tarde, invitámosvos a participar nunha visita guiada á exposición-homenaxe á pintora Fina Mantiñán, no kiosco Alfonso da Coruña. Estaremos guiados pola comisaria da exposición, Rosario Sarmiento. A mostra estará no Kiosco Alfonso ata o 9 de xuño.

A exposición retrospectiva recolle 72 pezas das diferentes épocas da creadora, tanto en papel como tea e madeira. Esta homenaxe supón saldar unha débeda da historia para coas mulleres artistas, aquelas que durante séculos “esqueceu” incluír nos seus manuais. Fina Mantiñán, ao igual que outras compañeiras, sufriu esa discriminación pola cal as mulleres nunca foron valoradas na mesma medida que os artistas masculinos.

Fina Mantiñán (1937) formouse inicialmente na Escola de Artes da Coruña antes de emigrar a París a comezos dos anos sesenta, onde compaxinou o traballo coa formación artística. Os seus anos en Francia e o seu contacto con diferentes correntes da arte configuraron un estilo persoal sólido que foi evolucionando ao longo das décadas.  A súa vida na capital francesa non foi doada, porque  inda que por fin puido pintar, tamén tivo que traballar onde podía para manterse e poder enviar cartos á súa nai. No 1980 opta por voltar á Coruña, por motivos persoais e familiares. Unha decisión que marcará a súa carreira profesional. Volve para unha cidade máis pequena e un país moi diferente, que acaba de saír dunha ditadura, cunha “normalización” cultural que aínda ía tardar en chegar. Fina optou por dedicarse ao ensino inda que seguiu desenvolvendo a súa faceta como creadora e participando en diferentes mostras individuais e colectivas no ámbito local inda que mesmo nese reducido contexto, como ela ben contou, íalle resultar difícil atopar un espazo.

Se desexas asistir a esta visita, só tes que enviar este formulario cos teus datos.

Erro: Formulario de contacto non atopado.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies